27 de maio de 2021

A GUARDA

A Guarda pechará as actividades programadas entorno ás Letras Galegas e a Xela Arias  

O sábado día 29 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Cultural realizarase un recital musical. Últimas prazas dispoñibles. Inscricións en centrocultural@aguarda.es 

Este espectáculo formou parte das presentacións oficiais das Letras Galegas 2021 realizadas nos Concellos de Vigo ou Santiago de Compostela



Xela Arias, editora, feminista, nai, poeta e profesora
Foto: Lois A.C.

 

Infogauda / A Guarda

 Cunha proposta escénica baseada no libro - Intempériomepublicado en 2003 por Xela Arias, titulada “Vencerse é cousa de se tratar”, a concellería de Cultura do Concello de A Guarda porá este sábado día 29 de maio, ás 19:00 horas, no Centro Cultural da vila, o broche final a programación de actividades entorno as nosas Letras e á figura de Xela Arias, homenaxeada este ano.  

 “Vencerse é cousa de se tratar” ten unha significación especial, xa que trátase da posta en escena dun recital que Xela estaba preparando co músico Fernando Abreu no momento do falecemento da editora, feminista, poeta e traductora Xela Arias.   

 Dentro do traballo de preparación previo a este recital quedaran gravados varios poemas na voz de Xela. Estas gravacións foron recuperadas por Abreu, así como o espírito do espectáculo e deron forma a unha escenificación na que participan agora o propio Fernando Abreu como director artístico e músico; Mónica DeNut na lectura dos poemas; Pablo Carrera á guitarra; e Roi Fernández a cargo do contido audiovisual.   

 Este evento contará, como vén sendo habitual cun protocolo Covid-19 e é preciso anotarse previamente en centrocultural@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario