Nenos e nenas de A Guarda convidados a participar en “A flote en igualdade”
· Esta actividade está destinada a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos e terá lugar na praia da Ribeira no porto de A Guarda, o xoves día 3 de xuño en horario de 17:30 a 18:30h
Infogauda / A Guarda
O Centro de Información á Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de A Guarda programan unha acción que consistirá nun encontro de nenas e nenos ao redor do xogo para a realización dunha xincana onde descubrir con que elementos a igualdade nos permite estar a flote e de que xeito a desigualdade pode acabar afundíndonos.
Esta actividade está destinada a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos e terá lugar na praia da Ribeira no porto de A Guarda, o xoves día 3 de xuño en horario de 17:30 a 18:30h.
Presentarase o xogo dunha xincana cooperativa (non competitiva) onde o traballo conxunto de nenas e nenos axude a descubrir que para que a sociedade consiga estar a flote necesita da igualdade.
As inscricións están xa abertas no Centro de Información á Muller de A Guarda de xeito presencial na Praza de San Marcos, nº 1 (ao lado do Xulgado de Paz) ou no teléfono 986 614 648.
Esta actividade está financiada polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario