25 de maio de 2021

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA CELEBRARÁ SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

O venres día 28 de maio ás 20:00 horas, na Casa do Concello


Casa do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz vén de convocar unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal, para o venres día 28 de maio de 2021, ás 20:00 horas, na Casa do Concello. 

 Os asuntos a tratar na devandita sesión son os seguintes:

1. Aprobación das actas da sesión ordinaria do 26.03.21 e das sesións extraordinarias do 20.04.21 e do 06.05.21. 

2. Expediente 1509/2021. DAR CONTA DOS DECRETOS DESDE O 16.03.21 ATA O 15.05.21. 

3. Expediente 1134/2021. DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN. 

4. Expediente 2336/2017. DAR CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE E PERÍODO MEDIO DE PAGO DO PRIMEIRO TRIMESTRE 2021. 

5. Expediente 1481/2021. DAR CONTA RESTO INVESTIMENTOS SUBVENCIÓN PLAN CONCELLOS 2019 LIÑA 1. 

6. Expediente 2843/2018. DAR CONTA DA APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN PUNTUAL NUMERO 5. 

7. Expediente 1405/2021. PROPOSTA ALCALDÍA RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL CREDITO 3/2021. 

8. Expediente 1446/2021. PROPOSTA ALCALDÍA MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 66/2021. CRÉDITO EXTRAORDINARIO 2/2021. 

9. Expediente 1308/2021. PROPOSTA ALCALDÍA APROBACIÓN BASES REGULADORAS DA LIÑA AXUDAS DO CONCELLO DA GUARDA PARA PALIAR O IMPACTO ECONÓMICO ORIXINADO POLA COVID 19. 

10.Expediente 1306/2021. PROPOSTA APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS NA MODALIDADE DE TELETRABALLO NO CONCELLO DA GUARDA. 

11.Expediente 1208/2021. PROPOSTA SOLICITUDE DE ADHESIÓN AO EIXO ATLÁNTICO DO NOROESTE PENINSULAR. 

12.Expediente 1042/2021. PROPOSTA APOIO DECLARACIÓN FEMP PARTICIPACIÓN GOBERNOS LOCAIS NA RECONSTRUCIÓN ECONÓMICA.

13.Expediente 1098/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLA CONFRARÍA DE PESCADORES SANTA TECLA E ASUMIDA POR TODOS OS GRUPOS MUNICIPAIS, PARA PROMOVER UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE A GUARDA, CO OBXECTO DE DEMANDAR A ELIMINACIÓN DAS MODIFICACIÓNS DO REGULAMENTO DE CONTROL EUROPEO DA UE. 1224/2009 CON RESPECTO Á FROTA ARTESANAL. 

14.Expediente 1460/2021. MOCIÓN ASUMIDA POR TODOS OS GRUPOS MUNICIPAIS NO QUE SE SOLICITA MEDIDAS DE COMPENSACIÓN POLO IMPACTO SOCIO-ECONÓMICO NO TERRITORIO DO RIO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO DEBIDO ÁS MEDIDAS DE RESTRICIÓN DE MOBILIDADE TRANSFRONTEIRIZA TOMADAS POLOS GOBERNOS ESPAÑOL E PORTUGUÉS NOS ESTADOS DE ALARMA POLA PANDEMIA COVID 19. 

15.Expediente 1471/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA A CONSTRUCCIÓN DUNHA ÁREA DE AUTOCARAVANAS EN CAMPOSANCOS. 

16.Expediente 1472/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG EN DEFENSA DUN MODELO DE ENERXÍA EÓLICA SUSTENTÁBEL, XUSTA E GALEGA FRONTE AO ESPOLIO E A DEPREDACIÓN. 

17.Expediente 1496/2021. MOCIÓN PRESENTADA POR CONVERXENCIA GALEGA SOBRE A ADHESIÓN DO PERSOAL DO PADROADO MUNICIPAL DE SANTA TREGA AO CONVENIO COLECTIVO DO CONCELLO DE A GUARDA. 

18.ROGOS E PREGUNTAS.

 Lembramos ás persoas lectoras deste xornal dixital transfronmteirizo que as sesións plenarias da Corporación Municipal do Concello de A Guarda, pódense seguer na canle de Youtube do concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario