12 de abr. de 2021

LABORAL

Protesta ERE BBVA

Este martes día 13 de abril, en Vigo

Infogauda / Vigo

 A sección sindical do BBVA levará a cabo unha mobilización en Vigo este martes 13 de abril para rexeitar o recorte de servizos á clientela, a restrición dos horarios de caixa, os peches de oficinas e o anuncio de ERE que destruirá 3000 postos de traballo.  

 A mobilización desenvolverase do seguinte xeito:  

- De 10:45 a 11:15 diante da oficina do BBVA no Calvario (Urzáiz 177).  

- De 11:45 a 12:45 diante da oficina principal en García Barbón, 2.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario