26 de abr. de 2021

DEPORTES

ATLETISMO

MARCELA MORGADO RODRÍGUEZ, DE A GUARDA, LOGROU O SUBCAMPIONATO DE GALICIA NOS 5.000 METROS LISOS EN PISTA AO AIRE LIBRE

· Julia Vaquero Sousa logrou un 4º posto na final dos 10.00 metros lisos


Marcela Morgado Rodríguez nun momento da carreira, liderando a proba

Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega 

 A pasada fin de semana, as pistas de San Lázaro, en Noia (A Coruña), acolleron as probas do Campionato de Galicia de 5.000  ml de Sub20, Sub18 e 10.000 ml Absoluto – Sub23 - Memorial Alejandro Gómez.


Marcela Morgado Rodríguez - a esquerda da imaxe - no podio da súa categoría coa medalla de prata e o subcampionato de Galicia de 5.000 metros lisos en pista ao aire libre

  Nunha xornada que estivo marcada pola humidade e a calor, facendo que a proba fose máis dura do normal, a atleta Marcela Morgado Rodríguez correu a final dos 5.000 ml ao aire libre, na que as categorías Sub18 e Sub20 unificáronse paralelamente neste Campionato de Galicia de fondo; logrando a atleta de A Guarda, un crono de 20´23"28, que lle valeu entrar en liña de meta en 2ª posición da serie, e por conseguinte a medalla de prata e o subcampeonato galego dos 5.000 metros lisos en pista ao aire libre. 


 Marcela Morgado Rodríguez

 A deportista Marcela Morgado Rodríguez forma parte da Sociedade Atlética do Trega.


JULIA VAQUERO SOUSA CONTINÚA PREPARANDO A MARATÓN DE VALENCIA


Julia Vaquero Sousa - á der. da imaxe - nos momentos previos á saída da carreira dos 10.000 metros lisos

 Tamén compre destacar que a raíña do fondo galego Julia Vaquero Sousa, participou na final absoluta feminina dos 10.000 metros lisos, conseguindo un fabuloso 4º posto na xeral cunha marca de 43´45"27, demostrando que segue recuperando boas sensacións atléticas, levando tan só 4 meses exercitándose para lograr o seu gran obxectivo de acabar o soño da súa vida, participando na maratón de Valencia. 

 Felicidades a Marcela e Julia. A seguir así, vestindo as cores da Sociedade Atlética do Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario