CONVERXENCIA GALEGA PON EN SOLFA O XEITO DE PROCEDER DO GOBERNO MUNICIPAL
· En materia de Urbanismo, e carencia de medidas de seguridade e protección á veciñanza
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, vén de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte comunicación:
MEDIDAS DE SEGURIDADE E PROTECCIÓN
Dende fai bastante tempo, vimos denunciando a deixadez e abandono en que encontran unha boa cantidade de vivendas, algunhas cunha boa parte da súa estrutura xa caída, quedando en pé algunhas paredes, e outras vaciadas hacia adentro, pero sin ningún tipo de contención de paredes, muros ou paramentos, donde co paso do tempo, como van perdendo a masa de unión, e a deformarse a súa verticalidade.
O traballo de despacho, leva a que no Departamento de Urbanísmo, presidido por Sr. Alcalde, deu lugar a que desaparecera o Servizo de Policía e Vixilancia, e as licencias municipais se dan ca coletilla de “sen perxuizo a terceiros” o que obriga a facer función de vixilancia e denuncia aos propios veciños e así procurar actuar “por culpa do veciño” e senón mirar para outro lado, sin que ninguén faga nada e “aquí paz e mañá gloria”.
Se dan liñas de retranqueo que nalgúns casos non se cumplen, non se inscriben as cesións públicas e logo co paso do tempo, son ocupadas polo cedente, ou se da traslado da denuncia a diversos Departamentos Autonómicos para que alí “durman o sono da paz” e así, ter unha resposta que dar a quen pide información ata que se aburre. Isto é unha verdade trapallada, na procura de que si pasa algo sexa culpa do veciño ou de “fulano de tal” concelleiro da oposición.
Unha pequeña volta pola nosa localidade, lévanos a topar distintos focos que non soio poñen en perigo o veciño colindante, senón tamén a quen teña a desgraza de pasar pola beira das “bombas” que en calquer momento poden estoupar.
Temos que xustificar que non sempre é así, “a veces” ¡¡NON!! Fan a denuncia e axudan a preparala resposta, iso sí, se é da casa, familia, amigo ou leva o carnet no bolso. O que non perden é a ocasión de “salpicar” a quen denunciou, pero…, “bueno ti xa sabes como é ese elemento”. Os “compis” son tan discretos que xa cantan no bar na segunda “chiquita”. Así funciona ese departamento que é reflexo do resto do entramado municipal.
Hoxe queremos traer a exposición do que sucede na Lada, (Buxán, 21). Levan varios meses pedindo que se tomen medidas para asegurar o demoer a parede de pedra que apoia na vivenda de ladrillo colindante. Teñen escoitado de todo, menos ver unha soa acción na procura de dar unha solución. Seguramente actuarán cando todo se complique e a parede de ladrillo veña abaixo. Dende CONVERXENCIA GALEGA, estaremos expectantes con este caso, e no momento que aconteza o primeiro percance actuaremos por todas as vías incluida a xudicial, provocada pola súa actuación municipal que pon en risco os bens e a seguridade física de quens viven no lugar ou transcorren por este espazo. O facemos público para que o pobo saiba da deixadez e abandono do Grupo de Goberno do PSOE, así como tamén para que non poidan alegar en ningún momento ignorancia e descoñecemento deste feito.
Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, e por iso queremos que estes feitos sexan xulgados polo pobo en xeral, ainda que cada vez son máis os que coñecen as formas e maneiras de actuar do Goberno Municipal do PSOE
Pola outra banda, vimos a esixir que pola Alcaldía e Concellería de Urbanísmo se imparta de maneira inmediata e urxente se proceda a dar inicio, tal e como sinala a Lei, de un EXPEDIENTE DE DECLARACION DE RUINA, que obrigue a tomar ás medidas oportunas para cumplila Lei e darlle protección a bens e veciños que podan ser perxudicados por esta situación.
A Guarda, a 26 de abril do 2021
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA (A Guarda)
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de Urbanismo
DEPARTAMENTO DE URBANISMO
CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario