ATLETISMO
ÁLEX SIERPES PEREIRA, DA SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA, PULVERIZOU O RÉCORD GALEGO DOS 1.000 METROS OBSTÁCULOS CON RÍA
Ese novo logro deportivo do atleta de A Guarda logrouno en Lugo
Informa (fotografía e Redacción): Sociedade Atlética do Trega
O pasado sábado día 24 de abril de 2021, en sesión de tarde, Álex Sierpes Pereira, da Sociedade Atlética do Trega, participou no II Control de marcas da Delegación de Lugo celebrado nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera, onde o noso atleta participou por primeira vez na proba dos obstáculos.
Sorprendentemente o atleta de A Guarda entrou en meta en primeira posición, avantaxando ao segundo rival en 26", realizando unha gran marca de 3´06"83, e establecendo un novo récord galego de sempre nos 1.000 metros obstáculos con paso de ría. Dese xeito púxose á fronte da clasificación galega e de España da modalidade, na categoría infantil Sub14, destronando eses 3´08"82 que establecera no seu día - o 11 de xuño de 2016 - o atleta ourensán Martín Rivera Pérez, no Barco de Valdeorras.
Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario