REMO
CLUB DE REMO ROBALEIRA: MOZAS E MOZOS FACENDO HISTORIA
O equipo cadete feminino acadou a medalla de bronce no Campionato de España de Bateis
Na imaxe, as remeiras cadetes que veñen de lograr unha medalla de bronce no Campionato de España de Bateis, celebrando co presidente do C.R. Robaleira ese novo logro deportivo
Foto: Santiago Baz
Infogauda / A Guarda
O deporte galego do remo en banco fixo, vén de acadar un novo éxito da man das remeiras cadetes do Club de Remo Robaleira de A Guarda. Ese logro foi unha medalla de bronce no Campionato de España de Bateis, que vén de celebrarse en augas de Moaña e que fixo posible que o nome do C.R. Robaleira voltase a soar entre ás mellores tripulacións do Estado español.
Por esa razón, o fotógrafo guardés Santiago Baz Lomba preparou unha galería de imaxes como merecida homenaxe ás mozas e mozos, adestrador, socios e xunta directiva de Robaleira.
Galería de imaxes, da autoría do fotógrafo Santiago Baz Lomba
Ningún comentario:
Publicar un comentario