A Guarda, o concello da provincia de Pontevedra coa maior taxa de doazóns de sangue no ano 2020
• A Axencia Galega de Doazóns de Órganos e Sangue agradece aos veciños e veciñas de A Guarda a súa solidariedade
Infogauda / A Guarda
A directora da Axencia Galega de Doazóns de Sangue (ADOS), Dra. Marisa López García, vén de remitir unha carta ao alcalde de A Guarda, "para facer constar o agradecemento e a axuda recibida do Concello de A Guarda coa labor de sensibilización social a prol da doazón de sangue".
Dende ADOS e dende o Concello de A Guarda "se quere felicitar aos veciños e veciñas da vila que unha vez máis volveron a destacar como o concello de maior taxa de doazóns de sangue da provincia de Pontevedra, con 700 doazóns de sangue no ano 2020, o que representa 70 doazóns por cada 100.000 habitantes e ano, por riba das 40/100.000 habitantes que marca a OMS".
A Axencia de Doazóns de Órganos e Sangue é un servizo esencial no soporte da actividade asistencial dos nosos hospitais e as especiais dificultades que estamos a vivir trala declaración da pandemia. Así e todo a colaboración cidadá foi encomiable en Galicia o que supuxo poder atender as necesidades que se presentaron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario