19 de abr. de 2021

A GUARDA

MARÍA SALINAS, DE A GUARDA, E BERTO PIRATA, DE VIGO, COMUNICAN SÚA VODA SOLIDARIA

· Son Elefantes de papel e decidiron rexeitar agasallos materiais e a cambio animar á xente para facer doazóns aos tres beneficiarios do seu segundo proxecto


María Salinas e Berto Pirata nunha presentación ao público
Foto: E.de P.

Infogauda / A Guarda 

 O próximo 23 de abril ás 12.30 h. María Salinas García e Berto Pirata (Elefantes de papel) contraerán matrimonio nos xulgados de Vigo, unha ligazón que eles definen como peculiar. 

 Elefantes de papel é unha parella de escritores que no 2018  autopublican o seu primeiro libro - Elefantes de papel - coa intención de recadar fondos para doar aos campos gregos de refuxiados, visibilizar pequenas asociacións que contribúen ao ben social e en definitiva, tecer redes por un mundo máis equitativo. 

 No 2020 volven relanzar o seu proxecto coa autopublicación dun segundo libro pero a pandemia interrompe os seus plans que agora queren retomar facendo do evento unha celebración solidaria. 

 Para iso decidiron rexeitar agasallos materiais e a cambio animar á xente para facer doazóns aos tres beneficiarios do seu segundo proxecto interrompido: 

 - A plataforma #VAMOSQUIN, un refuxo de animais en Becerreá xestionado por un grupo de mulleres con Esther Rey á cabeza que loita por completar as súas instalacións (Número de conta: ES63 0049 2731 6025 9406 1219. Concepto: Proxecto Elefantes de papel). 

 - A asociación sen ánimo de lucro Conrazones, de A Guarda, que axuda con dignidade a familias en situación precaria (Número de conta: ES76 0133 4046 6342 0000 3069. Concepto: Proxecto Elefantes de papel). 

- Gema Carrasco, activista madrileña que dedica a súa vida para botar unha man aos refuxiados que seguen chegando a Grecia (Número de conta: ES81 2038 1051 1930 0309 1404. Concepto: Proxecto Elefantes de papel). 

 María e Berto agradecen calquera tipo de axuda pois aseguran por experiencia propia que estas chegan íntegras e comprométense a incorporar o nome e a localidade dos doantes na súa furgoneta  rotulada coa que pretenden percorrer o país nun novo proxecto previsto para este verán e do que nos manterán informados na súa páxina de Facebook Elefantes de papel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario