O BNG DE TUI CUALIFICA O FUTURO APARCAMENTO SOTERRADO COMO "UN COMPLETO DESASTRE PARA Á LOCALIDADE"
Carme Núñez e Xosé M.Tato, concelleiros do BNG en Tui
Infogauda / Tui
O BNG de Tui vén de facer público unha nota de prensa na que sinalan: "Ante o avance por parte do goberno municipal do PSOE e Son de Tui nos trámites para a construcción do aparcamento soterrado na traseira da Area Panorámica, dende o BNG, seguimos, e seguiremos solicitando que se paren ditos trámites, e se analicen e estuden alternativas escoitando a todos os grupos sociais, xa que como vimos informando, é un completo desastre para a localidade tanto a curto como a longo prazo, xa que estamos hipotecando o Concello a anos.
Logo de varias reunións con distintos colectivos e cos comerciantes, que ao noso entender, van ser os maiores perxudicados da reducción de 480 prazas de aparcamento en superfície, por pouco mais de 100 prazas libres que tería -unha vez restadas as 44 prazas a venda, as 36 do Centro de Saúde, e 120 prazas para abonados- o novo aparcamento soterrado.
Para nós, non se sustenta unha inversión tan grande cando, por moito menos, xa que como vimos informando, pódese facer un estudo de impacto ambiental nos arredores do centro, e habilitar un aparcamento, ou varios en superficie, con espazo arborado ao arredor, a mais, como xa comunicamos en varias ocasións, todos os aparacamentos soterrados dos arredores como Baiona, O Porriño, etc.,…, foron rescatados, xa que non son rentables.
Asimesmo, informamos de que na web do concello os cidadans poden atopar o proceso completo, e alí poden cotexar que todos estes datos que estamos dando son certos."
Ningún comentario:
Publicar un comentario