O PLAN REVITALIZA COLABORA ESTE DOMINGO NA REFORESTACIÓN DO MONTE DE SALCEDA DE CASELAS
CO COMPOST DOS CENTROS COMUNITARIOS DO MUNICIPIO
· A actividade foi organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e a Asociación de Veciños de San Xurxo
Infogauda / Salceda de Caselas
O Plan Revitaliza da Deputación vai colaborar esta fin de semana nunha nova actividade de reforestación de monte, neste caso no Concello de Salceda de Caselas e organizada pola Sociedade Galega de Historia Natural e a Asociación de Veciños de San Xurxo.
A iniciativa vaise realizar nunha parcela de monte pertencente a comunidade de Montes de San Xurxoe pretende dotar de entramado vexetal a zonas afectadas pola vaga de incendios que asolaron a zona no 2017 e que quepouco a pouco van repoboándose de vida.
As árbores que se plantarán son especies autóctonas que foron doadas pola Sociedade Galega de Historia Natural e proveñendo viveiro que ten a Escola de Capataces de Lourizán.
O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e o Concello de Salceda de Caselascolaborarán achegando o compost que se vai utilizar para fertilizar a plantación e dando soporte con medios materiais. O compost provén dos centros de compostaxe comunitarios situados no centro urbano do municipio.
A actividade vaise celebrar este domingo día 14 de marzo, no barrio da Bouzavedra en Salceda de Caselas. Para inscribirse ou recibir información as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa asociación a través dos correos electrónicos secretaria.avsx@gmail.com e gandaras@sghn.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario