31 de mar. de 2021

PONTEAREAS

LABORAL

INCUMPLIMENTOS DO GOBERNO MUNICIPAL DO CONCELLO DE PONTEAREAS

Comité de Empresa do Concello de Ponteareas

 Unha vez máis o goberno do Concello de Ponteareas fai alarde de súa prepotencia e da falla de espírito negociador burlándose, cunha total falta de consideración cara os/as traballadores/as e os/as representantes sindicais. 

 O caso é que o goberno do Concello de Ponteareas debe aos/as traballadores/as as cantidades duns complementos pactados por CONVENIO dende o mes de xaneiro de 2020, Convenio aprobado por este goberno na súa primeira lexislatura e do que se vangloria ter conseguido cando os gobernos anteriores non foran quen de pactar pero, é papel mollado posto que ESTE GOBERNO INCUMPRE O QUE ASINOU. 

 O Comité de Empresa do Concello de Ponteareas, por acordo unánime dos catro SINDICATOS con representación, leva solicitando o pago dos complementos de PENOSIDADE e PERIGOSIDADE dende xaneiro do 2020, pola contra o Goberno local leva o mesmo tempo intentando enfrontar entre si a ditos sindicatos e manipulando para non aboar ditos complementos. 

 Este Goberno PRESUME, sacando notas de prensa, da súa brillante xestión económica PERO, o que non din e que os/as traballadores/as están a traballar en condicións inadecuadas (demoras nas entregas de EPIs, escasas medidas de protección) e sen ser retribuídos/as coas cantidades que lles corresponden. Tampouco publican que NEGAN aos/as traballadores/as do servizo de cociña da Residencia Santa Ana, o Plus Covid, gratificación para recoñecer o labor dos/as profesionais desta Residencia ante a pandemia do coronavirus. 

 Este Goberno ten o descaro de solicitarnos nunha reunión oficial que nos apertemos o cinto para axudar a pasar a mala situación económica do Concello (“que non pidamos o que nos corresponde”) e insultado a un delegado cando lle di que os primeiros en apertar o cinto deberían de ser eles que son quen xestiona as finanzas do Concello. Cando este delegado lle recorda que un/unha concelleiro/a so por acudir a un Pleno ao mes e ás Comisións de goberno leva para a casa case que o mesmo salario que un/unha traballador/a que ten que estar picando nunha gabia durante todo un mes, este goberno tan de esquerdas e defensor dos/as obreiros/as reacciona increpando e insultando ao delegado. 

 Como xa non hai forma de chegar a acordos, de negociación, de falar, dende o COMITÉ DE EMPRESA SOLICÍTASE A INTERVENCIÓN dun órgano externo co fin de rematar coas disputas entre goberno e sindicatos, o GOBERNO entra en pánico e bota por terra a credibilidade dun traballador con tal de seguir prolongando a falta de pagamento e anular unha MESA PARITARIA unha hora antes de que se celebrase. Este goberno denominado de esquerdas e conformado por un partido que leva nas súas siglas socialista e obreiro destitúe a un secretario dunha Mesa de NEGOCIACIÓN porque non pon na ACTA o que eles/elas queren ou porque, segundo din, non fai ben o seu traballo (desconvocar a Mesa).

 As persoas que formamos parte do COMITÉ DE EMPRESA DO CONCELLO DE PONTEAREAS xa non imos tolerar máis agravios dun goberno que leva sempre as cousas a correr, a última hora, terxiversando, mentindo e ignorando a todos e todas os traballadores e traballadoras. 

 Non imos permitir que pasen por riba dos DEREITOS dos e das traballadores e traballadoras deste Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario