11 de mar. de 2021

MOVEMENTOS SOCIAIS

A PLATAFORMA POLA DEFENSA DA HOSTALARÍA DE GALICIA CONVOCA A TODOS OS SECTORES AFECTADOS

A unha gran manifestación o sábado día 13 de marzo, ás 19:00 horas, dende a Alameda de Santiago de Compostela

 


Plataforma pola Defensa da Hostalería de Galicia

 O vindeiro sábado 13 de marzo fai un ano do inicio das restriccións provocada pola pandemia que estamos a vivir. Un ano de peches continuados, restriccións sin pé nin cabeza que ao sector de hostalería e a todos os que del viven están levándonos a unha situación sin retorno. Por iso, dende a Plataforma pola Defensa da Hostalería de Galicia, convocamos a todos os sectores afectados a unha gran manifestación o sábado 13 en Santiago de Compostela, con saída ás 19,00 horas dende a Alameda, e que rematará na Praza do Obradoiro. Alí presentaremos oficialmente o auténtico Plan de Rescate no que estivemos traballando, sendo éste a única forma viable de axuda ao sector. Somos empresas intervidas polo goberno, pechadas por imperativo, e cun nivel de débeda acumulada insostible. É a responsabilidade legal dese mesmo goberno dar viabilidade ás nosas empresas, non tendo que ser nós quen de cargar co custe desta pandemia. 

 Previamente á manifestación do 13 de marzo convocamos aos medios de comunicación a unha rolda de prensa para presentar o Plan de Rescate elaborado por nós e que faremos chegar á presidencia da Xunta de Galicia. Terá lugar ás 18 horas en A NAVE DE VIDÁN, Avda. da Mestra Victoria Míguez, 44, Santiago de Compostela. 

 Aproveitamos a edición desta nota de prensa para rexeitar o “suposto” acordo de apertura ata ás 20 horas co sector, deste xeito é imposible traballar, nós solicitamos unha apertura normalizada, e se non é posible, que sexa de tal xeito que as empresas poidan traballar as ceas, mínimo ata ás 23 horas.

 Asemade queremos informar que remitimos:

● Unha carta redactada ao presidente da FEGAMP co obxectivo de facela chegar a todos os concellos e alcaldes de Galicia, como reacción a un documento asinado por Alfonso Rueda, no que di que o (mal chamado) I Plan de rescate da Xunta de Galicia está abonado na súa totalidade. Nós temos a capacidade absoluta de certificar que NON É correcto. Hai moitos hostaleiros pendentes do cobro desa axuda. 

● O documento do Plan de Rescate elaborado por economistas, hostaleiros, e profesores da Universidade de Santiago.

Ningún comentario:

Publicar un comentario