Citas para a renovación do DNI na Guarda
Para os meses de abril, maio e xuño
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe, que o vindeiro xoves día 11 de marzo de 2021 xa se poderán solicitar no concello as citas para a visita da unidade móbildo Corpo Nacional de Policía de Vigo para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente aos meses de abril, maio e xuño de 2021.
A solicitude de novas citas poderase efectuar preferentemente chamando ao telefóno 986 610 000 de 9:00 a 14:00h, ou tamén presencialmente na Casa dos Alonso.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario