5 de mar. de 2021

A GUARDA

Comezaron as obras de mellora da accesibilidade na contorna do Estadio Municipal A Sangriña 

Dentro dunha actuación con cargo ao Plan Concellos 2020 – Liña 1 da Deputación de Pontevedra, tamén se executou a mellora da accesibilidade na rúa Irmáns Noia Xil

 


Infogauda / A Guarda 

 Esta semana deron comezo os traballos de mellora da accesibilidade na contorna do Estadio Municipal da Sangriña. 

 No frontal do devandito recinto deportivo unha brigada de operarios da empresa COVSA procedeu á retirada da beirarrúa existente que se atopaba xa moi deteriorada e realizou unha nova de formigón en color ocre. 

 Ata alí se desprazou o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a tenente de alcalde, Mª Montserrat Magallanes Álvarez e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero, para supervisar o desenvolvemento dos traballos xunto cos técnicos da empresa adxudicataria. 

 O prazo de execución destas obras é de aproximadamente un mes e estes traballo contan cunha subvención total de 48.361,55 € con cargo ao Plan Concellos 2020 – Liña 1 da Deputación de Pontevedra. 

 Dentro desta actuación tamén se executou a mellora da accesibilidade na rúa Irmáns Noia Xil, obras finalizadas recentemente. 

 O Concello de A Guarda continúa deste xeito co seu compromiso de mellora da accesibilidade en diferentes puntos do municipio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario