CONVERXENCIA GALEGA INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A OFRECER UNHA MELLOR IMAXE DA VILA
Celso Rodríguez Fariñas (concelleiro portavoz de CG): "(...) Solicitamos que da maneira máis urxente posible, se impartan as ordes oportunas e se recorran todas as illas donde temos instalado contedores de calquer tipo, e se proceda a limpeza e cambio dos que estén e malas condicións (...)"
Aspecto que amosa o contedor para depositar envases de vidro, ubicado preto do albergue municipal de peregrinos de A Guarda - Foto: Grupo Municipal C.G.
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, vén de presentar no concello á seguinte recramación:
¡¡MENUDA TARXETA DE PRESENTACION AOS PEREGRINOS QUE NOS VISITAN!!
Un pequeño paseo pola rúa Puerto Rico, nos levou a que atopáramos con esta “tarxeta de visita” para recibir os peregrinos que pasan polo noso pobo hacia Santiago, dado que este contedor está a escasos metros do Albergue Municipal do Peregrino, o cal se levará unha moi grata imaxe dunha localidade que aposta polo turismo.
Cada pouco dende o Concello se fan grandes notas de prensa das calificacións que recibimos de diversos entes nacionais e internacionais sobre turismo e otras excelencias, cando no máis esencial, no básico, no elemental, damos este tipo de imaxes que dan por terra calquer aspiración seria.
Din que unha imaxe, vale máis que mil palabras, polo que consideramos que cada veciño/a pode sacar as súas conclusións.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar que da maneira máis urxente posible, se impartan as ordes oportunas e se recorran todas as illas donde temos instalado contedores de calquer tipo, e se proceda a limpeza e cambio dos que estén e malas condicións, así como tamén que por medio de presión e diversos productos se lave e limpe o solo e arredores donde están instalados para evitala suciedade e graxas pegadas no chan.
A Guarda, a 03.03.2021
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Sr. Alcalde-Presidente
CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario