12 de feb. de 2021

PONTEVEDRA

Alfonso Rueda preside a toma de posesión de Luis López Diéguez como delegado territorial da Xunta en Pontevedra  

Luis López é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e ata agora era alcalde de Rodeiro e deputado provincial na Deputación de Pontevedra

 

Alfonso Rueda indicou que nestes tempos, os retos dos dirixentes públicos son moitos e os cidadáns precisan máis que nunca do seu apoio para atender de xeito áxil as súas necesidades


Infogauda / Pontevedra

  O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta mañá a toma de posesión de Luis López Dieguez como novo delegado da Xunta en Pontevedra, onde resaltou á súa experiencia como alcalde sumada á súa formación e a súa vocación de servizo público, como alcalde de Rodeiro dende fai 10 anos

Alfonso Rueda, indicou que o traballo que Luís López leva feito a prol dos veciños de Rodeiro desde a súa alcaldía dará continuación agora dende a Delegación pontevedresa e precisou que “non me cabe dúbida algunha de que esa bagaxe vaino acompañar agora nas súas novas responsabilidades como delegado territorial da Xunta, sempre da man dos concellos cos que a Xunta traballa sobre terreo nun diálogo constante para atender as súas demandas e as dos seus veciños”-

  Pola súa banda, o delegado territorial, tivo unha especial lembranza cos afectados pola Covid-19 e fixo especial fincapé que dende a súa nova responsabilidade como delegado territorial da Xunta en Pontevedra fará todo o que estea na súa man na senda do camiño que se está a levar dende o Goberno galego, de tentar axudar tanto na protección da saúde dos galegos e galegas como na recuperación económica provocada por esta crise sanitaria.

 Luis López agradeceu a confianza e responsabilidade que lle outorgan neste novo cargo. “É unha enorme responsabilidade, que me emociona e agardo estar á altura da súa confianza con total adicación, vocación de servizo público, traballo e atención absoluta aos galegos. Creo que esta elección non recaeu só na miña persoa, senón que é un recoñecemento a todos e cada un dos veciños de Rodeiro como concello pequeno, rural e do interior, pero caracterizado por ser un pobo loitador, traballador, sacrificado, nobre e orgulloso de si mesmo”-

 Finalmente, o vicepresidente primeiro indicou que que nestes tempos, os retos dos dirixentes públicos son moitos e os cidadáns precisan máis que nunca do seu apoio para atender de xeito áxil as súas necesidades, e precisou que hai que seguir traballando arreo para paliar no que se poida os efectos desta crise sanitaria e económica na que estamos inmersos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario