O CONSELLO DA XUNTA NOMEA A LUIS LÓPEZ DIÉGUEZ COMO DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA
· Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ata agora era alcalde de Rodeiro e deputado provincial na Deputación de Pontevedra
Infogauda / Pontevedra
O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o decreto polo que se dispón o nomeamento de Luís López Dieguez como novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, en substitución de Luisa Piñeiro Castro.
Luis López Dieguez naceu no concello de Rodeir o, onde foi alcalde ata a data. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu o seu labor profesional na empresa privada como técnico de organización.
Alcalde de Rodeiro desde o ano 2011, cargo que revalidou con maiorías absolutas en 2015 e 2019. Desde 2019 tamén foi deputado provincial na Deputación de Pontevedra. Entre 2011 e 2019 presidiu a Mancomunidade Terras do Deza. E entre 2003 e 2007 foi concelleiro de Educación, Cultura e Deportes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario