23 de feb. de 2021

A GUARDA

O concello de A Guarda realiza a compra de 250 composteiros domésticos 

Para avanzar no seu Plan de Compostaxe

 

                         Unha mestra composteira e dous composteiros domésticos
 

Infogauda / A Guarda

 O Equipo de Goberno do Concello de A Guarda vén de facer público que acaba de adxudicar o subministro de 250 composteiros domésticos para avanzar na implantación da compostaxe como sistema de xestión de biorresiduos.   

 A adquisición destes composteiros realízase ao abeiro das axudas en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 durante os anos 2020 e 2021.

 O reparto destes 250 composteiros irá acompañado dunha pequena explicación e unha demostración da montaxe do composteiro, co obxectivo de informar do proceso de compostaxe e resolver as dúbidas que poidan xurdir ao respecto.  

 Ademais do reparto dos composteiros, a mestra composteira realizará ao cabo de 3-4 meses unha visita de seguimento a cada composteiro de cara a avaliar o proceso e a resolver incidencias que poidan xurdir.  

 Coa instalación desta última partida, xa serían 476 os composteiros domésticos repartidos por todo o concello dende o ano 2013, o que implicaría un total de 476 vivendas que xestionan a súa materia orgánica mediante compostaxe.  

 As persoas que desexen solicitar o seu composteiro poden facelo a través do 986 61 00 00 ou enviando un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es 

Ningún comentario:

Publicar un comentario