Conmemoración do Día de Rosalía 2021 na Guarda
• O concello fai un chamamento a compartir contido sobre Rosalía de Castro nas redes sociais e unirse ó resto de iniciativas promovidas dende a Casa de Rosalía
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, que nos últimos anos vén celebrando o aniversario de Rosalía de Castro - a escritora nacional de Galicia -, con diferentes actividades e eventos, quere convidar a toda a cidadanía a unirse aos diferentes actos que foron convocados dende a Casa de Rosalía e sobre todo a recordar a súa obra e figura, e compartilo nas redes sociais. "Tendo en conta o contexto actual no que as recomendacións sanitarias abogan por evitar os encontros e as concentracións, entendemos que a mellor forma de conmemorar este día é unirnos todos na mesma colaboración, na mesma voz", exhortan desde o Equipo de Goberno Municipal.
Neste sentido, a Casa de Rosalía preparou para este complicado ano 2021 un completo programa no que se integran tres tipos de actividades diferentes para poder realizar dende cada fogar:
- Caldo de Gloria (na casiña). Lembrando o poema “Miña Casiña, meu lar”, de Follas novas, no que Rosalía evoca a épica dos humildes e describe a receta dun caldiño de Gloria, a Fundación Rosalía de Castro convida a preparar un Caldiño no día 24 e recitar este ou outro poema da obra rosaliana. Convidan a seguir a receta propia, a de Picadillo (1905) ou a que Lucía Freitas, do restaurante A Tafona preparou para ocasión e se pode seguir aquí: https://youtu.be/V1ODF0BvdSE
Tamén convidaron aos comedores escolares a unirse a esta iniciativa, e neste sentido o Concello da Guarda repartiu manteis individuais para que os nenos poidan ler o poema en cuestión durante o xantar do 24 de febreiro.
- Alborada a Rosalía. En conxunto coa Asociación Gaiteiros de Galicia, a Casa de Rosalía convida a gaiteiros e grupos de música tradicional a adicarlle una Alborada a Rosalía. Os grupos e músicos interesados poden anotarse nun mapa interactivo onde se poida recoller a participación na actividade: https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/alboradas-a-rosalia/
Non obstante dado o específico deste convite, dende a propia Fundación animan a todo músico a que se una con calquera outra peza: “Se es un gaiteiro ou gaiteira, ou músico en xeral,..,. sae ás rúas, camiños, prazas ou lugares simbólicos para botar unha peza na honra de Rosalía (a Alborada ou outra)”
- Le, canta, recita a Rosalía de Castro, e difunde nas redes co cancelo #Día de Rosalía. Nesta última proposta, dende o Departamento de Cultura do Concello fai un chamamento aos veciños da nosa vila, que noutros anos demostraron o seu gusto pola escritora para que compartan poemas, fragmentos e vídeos, que preparen para a ocasión ou que se preparasen con motivo de anos anteriores. Se os veciños etiquetan ademais a @culturaguarda e a @FundacionRosalía, estas poderán compartir e interactuar con este contido. Este contido pódese compartir e subir ata o vindeiro 28 de febreiro.
Pola súa parte, dende o Concello estáse a preparar o convenio para constituírse como Mecenas da Casa de Rosalía, mostrando unha vez máis o apoio a figura da escritora, e en consonancia co cariño e admiración que Rosalía de Castro sempre levantou entre a veciñanza de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario