Citas para a renovación do DNI
Na Guarda, no mes de marzo
Infogauda / A Guarda
O vindeiro xoves día 11 de febreiro de 2021 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de marzo de 2021.
A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en marzo ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezará o devandito día, de xeito preferentemente telefónico no 986 610 000 de 9:00 a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonso.
As citas son para realizar o DNI o día 10 de marzo e recollelo o día 16 de marzo de 2021.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario