8 de feb. de 2021

SALCIDOS (A GUARDA)

A Policía Local abre unha investigación pola talla dunha árbore cerca da ermida de San Roque 

•  Sen que conste autorización en dependencias municipais

 

Estado no que quedou á arbore que foi obxecto dunha talla presuntamente furtiva, na Praza de San Roque - Fotos: C.A.G.

 

Infogauda / Salcidos

 No día de hoxe, luns 8 de febreiro de 2021, o executivo municipal do Concello de A Guarda fixo público que vén de encargar un informe á Policía Local da localidade, despois de ter coñecemento dunha recente talla dunha árbore na Praza de San Roque

 Desde Praza do Reló nº 1 - sede da Casa do Concello de A Guarda - , comunican que a Policía Local instrúe dilixencias para dar cos responsables do que se considera unha "barbaridade medioambiental" por unha talla realizada sen que conste autorización en dependencias municipais e realizada sen xustificación algunha, polo que se vai a proceder á apertura dun expediente informativo en canto se coñezan ós responsables desta actuación

 Segundo o informe policial a talla realizouse entre o 2 e o 3 de febreiro deste ano, sen que se lograse identificar de momento o autor/es desta acción

 

   A esquerda da imaxe de arquivo, á arbore cuxa talla deuse a coñecer no día de hoxe
 

 Desde este xornal dixital transfronteirizo, consideramos que independentemente de quen fose o autor o autores desa execrable "fazaña",  chama poderosamente á atención que estando o lugar dos feitos nun lugar tan transitado como é a zona de San Roque, por estar a ermida adicada a advocación do santo natural de Montpellier ao bordo da rúa Diego Antonio González, na estrada autonómica PO-552 - que procedente de Vigo atravesa á parroquia de Salcidos -, lugar de paso diario para centos de vehículos, e ao mesmo tempo, nunha zona onde hai varias vivendas próximas; non se coñeza, polo de agora a autoría desa inxustificable talla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario