8 de feb. de 2021

A GUARDA

COMEZAN A XURDIR DANOS NO PAVIMENTO DA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL

 

Nas imaxes aprécianse os danos existentes no pavimento na rúa Concepción Arenal

Fotos: Infogauda


Infogauda / A Guarda 

 A rúa Concepción Arenal comeza a amosar algunhas deterioracións, producidas presuntamente polo uso ao que está sometida, sobor de todo, por causa da circulación dos vehículos a motor. Un exemplo - entre outros - dos devanditos danos, témolo á altura do inmoble sinalado co nº 45, cuxos moradores - ao igual que outros veciños -, teñen, desde fai días, constancia sonora, de que unha peza do pavimento, ao estar presuntamente despegada, produce un son característico cada vez que algún automóbil pasa súas rodas por enriba dela. Probablemente a devandita peza non estivese debidamente colocada. 

 Dese xeito, ao non ser subsanada por quen corresponde, a orixe da avería, producíronse uns danos que poden constatarse in situ. Como tamén poden apreciarse nas imaxes - tiradas no día de hoxe - que acompañan estas liñas.

 Así as cousas, como obviamente non desexamos que aconteza ningún sinistro, deixamos constancia desa incidencia - como xa o fixemos comunicándoa telefónicamente na tarde de hoxe, a un membro da Policía Local de A Guarda - a fin de que sexa resolta á maior brevidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario