NOVA INCIDENCIA NO SERVIZO DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA
CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS (CONCELLEIRO DO GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA), INSTA AO CONCELLO A INTERVIR PARA ACADAR UNHA SOLUCIÓN
Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro do Grupo Municipal Converxencia Galega no Concello de A Guarda - Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Facéndose eco da problemática suscitada na pasada fin de semana, entre as familias de estudiantes da nosa localidade, e co propósito de acadar unha solución, logo de coñecer a incidencia acontecida, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, vén de presentar no Concello de A Guarda, a seguinte comunicación:
SOLUCIÓN O TRANSPORTE DOS ESTUDANTES A VIGO E RETORNO
A pasada fin de semana, tanto os pais/nais da nosa localidade e dos pobos veciños que teñen a seus fillos estudando en Vigo, atopáronse ca desagradable sorpresa [de] que o bus que regularmente usaban para a irse o domingo, había sido suspendido, sin que se fixera pública unha nota decindo dese cambio, o que provocou un trastorno para levar os rapaces a Vigo, e ademáis, ter que esperar varias horas para que abriran as residencias [de] estudiantes para poder entrar.
A partir do luns, hubo xuntanzas das familias afectadas, presentando escritos e facendo chamadas telefónicas a distintos estamentos da Administración Local, Autonómica e da nova empresa, para saber en que condicións se iba a funcionar, cunha das liñas que máis usuarios ten nestes momentos, ou o que é o mesmo, unha das máis productivas.
Aquí había unha disfunción moi delicada, xa que por unha banda, a Xunta permitía que as empresas fixeran os trocos de servizos, sen ver a realidade e os efectos nos usuarios e familiares, o permitir que aquelas frecuencias de saída programada a partir das seis da tarde, de luns a venres cando sexan traxectos de máis de 50 kms. A Guarda – Vigo o superamos por escasamente 3 Kms, polo tanto estamos dentro dos que podían eliminar ou suspender, con todo, os horarios de saída e entrada nas Residencias Estudiantís se mantiñan igual, polo que o non haber autobús, os pais tiñan que ir a recollelos a Vigo bastante máis tarde, e os rapaces na rúa sin ter onde ir.
No día de hoxe, martes, despois de escoitar dende onte por parte de inspectores e conductores da Empresa que esta fin de semán se restauraba o servizo, a esta hora da tarde, 19:00, non atopamos ningunha nota informativa na marquesina da parada, nin nos medios de información, tanto en papel como dixitais, polo que se están xerando moitas dúbidas de que sexa certa a información que están transmitindo de xeito oral.
Polo que en nome dos afectados, das súas familias, vimos a solicitar do Concello a súa intervención diante da Empresa a fin de que confirme ou denegue a información facilitada polos seus traballadores e se faga unha notificación pública, colocada nos lugares de costume e na mesma sede do Concello.
A Guarda, a 16 de Febreiro do 2021
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Sr. Alcalde-Presidente
CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario