OPINIÓN
APARCADOIRO SOTERRADO NA ÁREA PANORÁMICA: UN ERRO DO EQUIPO DE GOBERNO
Coa reducción de 480 prazas de aparcamento en superfície, os comerciantes van ser os maiores perxudicados
No pasado venres, 15 de xaneiro de 2021, a nosa voceira municipal Carmen Núñez, e o noso concelleiro Xosé Martínez Tato, reunironse co presidente e o vicepresidente de ACITUI, para informar sobre a situación do aparcamento soterrado e a nosa postura sobre o mesmo,
Desta forma queremos chegar a maior parte de comerciantes, que ao noso entrender, van ser os maiores perxudicados da reducción de 480 prazas de aparcamento en superfície, por pouco mais de 100 prazas que tería, unha vez restadas as 80 prazas a venda, e as 36 do Centro de Saúde, o novo aparcamento soterrado. Con todo isto, as persoas desprazaranse a grandes superfícies con aparcamento gratuito e non ao centro do concello.
Dende o BNG, levamos varios meses insistindo no erro do equipo de goberno local (PSOE+Son de Tui) de avanzar cun aparcamento soterrado na traseira da Área Panorámica
Para nós, non se sustenta unha inversión tan grande cando, por moito menos, pódese facer un estudo de impacto ambiental nos arredores do centro, e habilitar un aparcamento, ou varios en superficie, con espazo arborado ao arredor, a mais, como xa comunicamos, todos os aparcamentos soterrados dos arredores como Baiona, O Porriño, etc…, foron rescatados, xa que non son rentables.
Os nosos concelleiros, levan dias repartindo información sobre este problema aos propios comerciantes, e seguiremos traballando para evitar este erro por parte do equipo de goberno, informando e alertando do gran problema que vai supoñer para o concello de Tui.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario