28 de xan. de 2021

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA  DA GUARDA INFORMA SOBRE O FONDO COVID PARA O SECTOR DA HOSTELERIA    

•    Os concellos a través da  FEGAMP e as Deputacións  de Coruña,  Lugo e Pontevedra  mostraron  o compromiso co sector hostaleiro de achegar  o 1% dos seus orzamentos  para o Fondo Covid 

•    A Xunta de Galicia está enganando ao sector xa que o Fondo Covid  para o 2 Plan de Rescate non é exclusivo para o sector da hostalería 

 

      Montse Magallanes Alvarez, portavoz do Grupo Municipal Socialista da Guarda 

 

Montse Magallanes Alvarez* / A Guarda

 En relación coa publicación realizada nestes días polo PP da Guarda o Grupo Municipal Socialista ten que indicar que a decisión de que os concellos formen parte do Fondo Covid para o rescate da hostalería  é unha decisión xa tomada no órgano que representa aos concellos en Galicia, a FEGAMP.  

 Gustaríanos que a Moción que presenta o PP para o Pleno deste venres tivese contido e mirase para os intereses do sector, de nada vale que os Concellos e Deputacións vaiamos a facer un grande esforzo destinando o 1% dos nosos orzamentos, e a Xunta de Galicia, que ademais está recibindo Fondos Eurpeos, adique só o 0,64%.  

 Estamos diante da crise de maior calado que ten afrontado o sector da hostalería non vale escudarse en triquiñuelas e oscurantismo que é o que está a facer  a Xunta de Galicia. Pedimos que se estableza un sistema de axudas CLARO, SINXELO E CON TOTAL TRANSPARENCIA  e xa que o PP da Guarda está pedindo un Fondo Covid  “a la VALENCIANA” que sexa consecuente coas súas palabras e que  as axudas  se repartan como no modelo valenciano polos concellos.  

 O concello da Guarda está habilitando recursos para que toda a información chegue ao sector da hostalería e loitará para que eses fondos sexan xestionados polo concello da Guarda, unha medida que servirá para garantir que eses cartos chegan aos seus destinatarios. 

*  Portavoz do Grupo Municipal Socialista da Guarda 

Ningún comentario:

Publicar un comentario