8 de xan. de 2021

A GUARDA

O Concello ofrece a posibilidade de dar unha segunda vida á "Luz do Nadal" 

• A Praza de Abastos conta con dous contedores para que, aquelas familias que o desexen, podan depositar as luces que foran repartidas nos centros educativos da vila 

 

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda instalou dous puntos de recollida para as luces de Nadal que dentro da Campaña de Nadal 2020-21 foran repartidas entre o alumnado dos centros educativos da vila e que serviron para guiar aos Reis Magos. 

 As familias que así o desexen poderán depositalas nos contedores instalados no andar baixo e no primeiro andar da Praza de Abastos da localidade. 

 


 

 As luces que se recollan, que foron fabricadas pola empresa local Eutimio e que se empregan para a pesca do peixe espada, poderán ser reacondicionadas, co fin de darlles ás mesmas unha nova vida útil. Deste xeito levarase a cabo un pequeno xesto para o coidado do planeta.  

 "Dende o Concello da Guarda agradécese a colaboración realizada por Electrónica Eutimio na Campaña de Nadal. Desde o primeiro momento amosaron o seu interese por participar nesta entrañable iniciativa e puxeron todo da súa parte para que a luz chegara a todas e todos os nenos da Vila", salientan desde o Equipo de Goberno Municipal. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario