A “Plataforma Hostalería Guardesa” convoca concentración en apoio ao sector
Este sábado na praza de Avelino Vicente ás 11:30 h
Plataforma Hotalería Guardesa / A Guarda
O pasado luns día 18 de xaneiro constituíuse a “Plataforma Hotalería Guardesa” integrada por hosteleiros e hosteleiras do noso concello na procura de solucións ao grave problema que estamos á sufrir.
Ante as medidas que ten tomado á Xunta de Galicia de restriccións ao conxunto da hostelaría, que, no caso da Guarda, significa un peche encuberto en toda regla.
A actual situación inviabiliza a continuidade dos nosos negocios polo que estamos obrigados á pechar sen dereito a ningún tipo de indemnización.
Dende a plataforma solicitamos o apoio dos colectivos guardeses para que a Xunta de Galicia habilite unha liña de indemnizacións que atalle a sangría que está a significar a situación actual do sector da hostalería.
O proximo sábado realizaremos unha concentración na praza de Avelino Vicente ás 11:30 h, respectando todas as medidas de seguridade COVID 19, onde se vai manifestar o 100 % da hostelaría guardesa.
Queremos agradecer as mostras de apoio que estamos a recibir tanto de particulares como de colectivos do noso concello.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario