29 de xan. de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda reúne a comisión de seguimento da COVID-19 diante das novas medidas sanitarias 

O alcalde da conta aos compoñentes da comisión da situación sociosanitaria actual debido a evolución da pandemia da Covid-19 no municipio, así coma das medidas de prevención adoptadas a nivel municipal. 

• Quedan suspendidas todas as actividades do Entroido no municipio 

 

       Participantes da reunión da Comisión de seguimento da Covid-19, celebrada no salón de plenos do Concello de A Guarda

 

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal deu a coñecer este venres día 29 de xaneiro de 2021, que "o Alcalde da Guarda encabezou esta mañá xunto cos compoñentes da Comisión de seguimento da Covid-19 unha reunión na que se deu conta da situación sociosanitaria actual debido a evolución da pandemia da Covid-19 no municipio, así coma a situación sanitaria no país veciño de Portugal, onde se realizará un peche de fronteiras durante 15 días e que afectará exclusivamente aos cidadáns de Portugal. 

 A Comisión deu conta dos medios de protección cos que conta o Concello así coma as medidas adoptadas a nivel municipal despois da entrada en vigor das novas restricións o pasado 15 de xaneiro en Galicia. Entre estas medidas destacan a suspensión do mercadillo, das actividades culturais, das actividades do Entroido 2021 e a entrada en funcionamento das citas previas para certos servizos municipais coma o Punto Limpo. 

 Entre as medidas de apoio aos sectores económicos da vila destacan a redución da taxa do lixo nun 25%, a elaboración dunha guía de establecementos con comida para levar e servicio a domicilio ou a sección específica con informacións de interese para os hostaleiros e hostaleiras da vila na web de turismo: https://www.turismoaguarda.es/gl/hostaleria/ 

 É necesario que se sigan as recomendacións das autoridades sanitarias. Se unha persoa ten síntomas de COVID-19 (tose, febre, diminución do gusto e cheiro, estremecementos,…) ou ten contacto estreito cun caso positivo, debe quedar na casa e contactar cos servizos de saúde chamando ao teléfono 900 400 116. 

 É imprescindible que toda a poboación extreme as medidas de seguridade individual, sobre todo o uso da máscara, distancia interpersoal e hixiene de mans". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario