Arrancan novas obras de mellora da accesibilidade
Na rúa Irmáns Noia Xil e na contorna do Estadio Municipal da Sangriña
Vista parcial da rúa Irmáns Noia Xil, coa maquinaria que está traballando na zona
Infogauda / A Guarda
Este luns día 25 de xaneiro de 2021 iniciáronse os traballos de mellora da accesibilidade na rúa Irmáns Noia Xil e diante do Estadio Municipal da Sangriña.
Desde o equipo de goberno local indican que "no caso da rúa Irmáns Noia Xil vaise retirar a beirarrúa existente, aproveitando para facer tamén unha nova rede de saneamento de pluviais, mellorando a accesibilidade de peóns segundo marca a normativa vixente, a realizar en formigón de cor vermello.
No frontal do Estadio Municipal da Sangriña vaise a proceder á retirada da beirarrúa existente que se atopa moi deteriorada, e realizar unha nova de formigón en cor vermello.
O prazo de execución destas obras é de aproximadamente un mes e estes traballo contan cunha subvención total de 48.361,55 € con cargo ao Plan Concellos 2020 – Liña 1, da Deputación de Pontevedra.
Deste xeito, o Concello de A Guarda continúa co seu compromiso de mellora da accesibilidade en diferentes puntos do municipio".
Ningún comentario:
Publicar un comentario