A vila guardesa ten todo disposto para a visita dos Reis Magos
• SS.MM. farán un percorrido polas diferentes parroquias e rúas da vila o martes 5 de xaneiro a partires das 17:30h.
• Continúan abertas as inscricións para as
videochamadas cos Reis Magos no Centro Cultural ou chamando ao 986 61 18
50 en horario de 10:00h a 13:00 e de 16:00 a 19:00h.
• Os “Carteiros do Nadal” regresan ás rúas guardesas o sábado día 2 e o luns día 4, en horario de 17:00 a 20:00h; e o martes día 5 xaneiro de 10:30h a 13:30h.
Infogauda / A Guarda
Coa vista fixada na visita dos Reis Magos do vindeiro martes día 5 de xaneiro, a programación do Nadal 2020-21 na vila de A Guarda está a piques de concluir.
E calquer caso, os “Carteiros do Nadal” regresaron ás rúas da Guarda este sábado día 2 e tamén voltarán o luns día 4, en horario de 17:00 a 20:00h; e o martes día 5 xaneiro, de 10:30 a 13:30h. En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.
VISITA DOS REIS MAGOS
O vindeiro martes día 5 de xaneiro terá lugar a visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila. A saída terá lugar ás 17:30h dende a Praza do Reló, onde SS.MM. de Oriente serán recibidas polo Alcalde de A Guarda e a continuación partirán en tres vehículos antigos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.
Os Reis Magos visitarán á vila guardesa e teñen o desexo de facerse ver polos nenos da vila sen pór en risco a saúde de nenos nin de maiores, polo que suxiren un itinerario que percorrerá os barrios e parroquias do municipio.
O entramado urbano, así como a limitación de tempo, non permite chegar a todas as rúas, na súa maioría estreitas e con difícil saída, polo que se propón un itinerario longo que priorice as longas avenidas e sobor de todo que permita chegar ata os diferentes lugares máis distantes do centro urbano.
Desde o Concello de A Guarda solícitase aos veciños que agarden nas súas vivendas para sentir a chegada dos Reis. E só naqueles casos nos que a comitiva non pase cerca e non se vexa dende a xanela, poderán achegarse a aquelas grandes avenidas debendo sempre gardar a distancia de seguridade (2m.) entre grupos de convivintes.
Os Reis Magos farán o percorrido en coches descapotables, para ser máis visibles, non en carroza como en edicións precedentes, polo que o percorrido será mais áxil e rápido que nunha cabalgata tradicional.
Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda, recordou cun vídeo a todos os nenos e nenas da vila, que as luces que se repartiron nos colexios os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. Estas luces, de fabricación local, xa se repartiron polos diferentes centros educativos da vila, para que os Reis Magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas colocadas nas fachadas das casas dende esta mesma fin de semana.
Unha vez rematadas as datas do Nadal, todos aquelas persoas que non desexen conservar estas luces poderán depositalas nos contedores de residuos eléctricos ubicados no primeiro andar da Praza de Abastos, para ser reutilizados pola empresa que os fabricou.
Máis actividades na programación do Nadal 2020 na Guarda
• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente. Ata o día 5 de xaneiro de 2021, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00h, coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.
• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen. Para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 18 50 en horario de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos Reis Magos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario