17 de dec. de 2020

RIBADAVILA (A GUARDA)

Remataron as obras de mellora da rúa Calvario

Contaron cun orzamento total 121.951,87€ IVE incluído, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

O alcalde de A Guarda, a tenente de alcalde e o concelleiro de Vías e Servizos, visitaron as obras en presenza de persoas da veciñanza
 

Infogauda / A Guarda 

 O Equipo de Goberno do Concello de A Guarda vén de facer público que na xornada de onte mércores día 16 de decembro foron rematadas as obras de mellora - entre os números 48 e 73 - da rúa Calvario.

 O alcalde Antonio Lomba Baz, a tenente de alcalde Mª Montserrat Magallanes Álvarez, e o concelleiro de Vías e Obras, Miguel Ángel Español Otero, visitaron a zona de traballo onde os operarios daban os últimos retoques destas obras xunto cos técnicos da empresa adxudicataria. 

 Esta actuación conta cunha parte central para a recollida de augas pluviais, substituíndo o asfaltado por un novo pavimentado de pedra en continuidade cos tramos xa mellorados en fases anteriores nesta mesma rúa, incorporando tamén parte das pedras antigas que no seu día foron cubertas cunha capa de aglomerado asfáltico e que agora foron recuperadas debaixo do vello pavimento. 

 Executouse unha nova rede de abastecemento de auga, así coma a incorporación de bocas de incendios e a substitución da rede de augas pluviais e residuais, dispondo as novas acometidas a pozos e eliminado as acometidas que non se podía controlar ou rexistrar. 

 O prazo de execución destas obras prolongouse pouco máis dun mes e, tal e como manifestaron veciños, a rúa quedou en perfectas condicións”. 

 Estas obras contaron cun orzamento total 121.951,87€ IVE incluído, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario