5 de dec. de 2020

O ROSAL

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL OFRECERÁ SEU CONCERTO DE SANTA ICÍA

· Este domingo día 6 de decembro de 2020, ás 17:00 horas.  

· Será a porta pechada, retransmitido en directo.

 


 

Agrupación Musical do Rosal

Ao final si‼️ 

 Chega outro ano o concerto máis agardado por tod@s, o concerto de Santa Icía. Será un ano diferente, sen a tradicional cea (para o ano teremos dobre celebración) pero a música non podía estar ausente.  

 Levamos meses traballando dun xeito irregular polas condicións que todos sabemos, pero aínda así intentaremos que a todos vos guste. Non poderedes asistir de maneira presencial, faerásenos raro non ter diante o noso querido público que sempre nos acompaña e apoia..., pero ainda así poderedes acompañarnos dende a distancia a través de streaming, no concerto que terá lugar o domingo ás 17:00 horas que será retransmitido en directo pola nosa canle de YouTube (https://www.youtube.com/channel/UCE2TIisqjmjn5xNAFIg9rHg) e tamén a través do Facebook da Agrupación.  

Esperámosvos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario