29 de dec. de 2020

O ROSAL

Os Reis Magos percorrerán os barrios do Rosal  

Visitarán máis de 60 puntos do municipio con todas as medidas para garantir a seguridade de rosaleiros e rosaleiras  

O Concello agradece a colaboración das asociacións para poder levar adiante esta actividade   

 


Infogauda / O Rosal

 Este ano os Reis Magos chegan a todos os barrios do Rosal. Unha delegación cos tres Reis e un axudante que velará por garantir que se cumpran as medidas de prevención percorrerán os diferentes barrios durante os días 4 e 5 de xaneiro, facendo paradas en máis de 60 puntos do municipio.“Queremos achegar a programación de Nadal aos barrios, implicando á veciñanza e facendo que os nenos e nenas desfruten da visita dos Reis de xeito cómodo e seguro”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. 

 O Concello organizou un total catro equipos que se distribuirán para visitaren varios horarios diferentes puntos de Fornelos, Picón, Viso dos Eidos, Martín, Marzán, Cachada, Fecha, Pacenteo, Caselas, A Lomba, Couselo, Pías, Tamuxe, O Morán, San Miguel, Urgal, Valdemiñotos, Couso, Calvario, Cumieira, Telleira, Lagos, A Mata, Sandián, Novás, Rotea, Parada, Miranxe, San Xián, Portecelo, As Eiras e Tabagón. 

 A comitiva entrará nos barrios ao ritmo da música, aínda que será un acto estático no que se delimitarán os espazos para que o público que acuda poida manter as distancias de seguridade. Os Reis Magos levarán algunha sorpresa agochada para as nenas e nenos que lles visiten. En caso de choiva as actividades trasladaranse ás escolas unitarias. Dende o Concello quere agradecerse a colaboración das asociacións rosaleiras, sen as que non sería posible levar adiante actividades como esta.   

 Os Reis Magos continuarán a súa visita polo Rosal o martes 5 pola tarde. Será a partir das 17.00 horas no pavillón municipal, onde estarán precedidos polos Trasgos do Thea. Para participar nesta actividade é necesaria inscrición previa a través da web do Concello. Estarán permitidas un máximo de 3 persoas por solicitude.  

Os Reis nos barrios: puntos de encontro e horarios completos 


Luns 4 de xaneiro 

FORNELOS, PICÓN, VISO DOS EIDOS E MARTÍN 

10.00 horas. Xestal, no lavadoiro 

10.30 horas. Fonte do Picón 

11.00 horas. Praza de Fornelos 

12.00 horas. Sarrapó cruceiro 

12.30 horas. Viso dos Eidos 

13.00 horas. Praza de Martín  

MARZÁN, CACHADA, FECHA E PACENTEO 

10.00 horas. Xogo Marzán 

10.30 horas. A Devesiña 

11.00 horas. Camiño Campo Lameiro (esquina galiñeiro) 

11.30 horas. A Cachada 

12.00 horas. A Fecha 

12.30 horas. Xogo Pacenteo 

13.00 horas. Campo Dabute 

13.30 horas. Troya  

FORNELOS, CASELAS, A LOMBA, COUSELO E PÍAS 

10.00 horas. Tanque de Caselas 

10.30 horas. R2 

11.00 horas. Ponte A Lomba 

11.30 horas. Couselo de Abaixo 

12.00 horas. Couselo 

12.30 horas. Escola de Pías 

13.00 horas. San Gregorio  

PÍAS, TAMUXE, O MORÁN E SAN MIGUEL 

10.00 horas. Parque Tamuxe, pista balonmán 

10.30 horas. Morán, parada de autobús 

11.00 horas. Escolas de San Miguel 

11.30 horas. Camiño do Calvario, praza do cruceiro 

12.00 horas. Alameda de San Miguel 

12.30 horas. Alameda Cruz Vermella 

13.00 horas. Parque de Pías  

Martes 5 de xaneiro 

URGAL, VALDEMIÑOTOS, COUSO E CALVARIO 

10.00 horas. Urgal, cruce camiño do Fucheiro 

10.30 horas. Parque Valdemiñotos 

11.00 horas. Auditorio, estatua gaiteiro 

11.30 horas. Barbuntín 

12.00 horas. Carballeira do aparcadoiro das casas baratas 

12.30 horas. Praza do Calvario 

CUMIEIRA, TELLEIRA, LAGOS, A MATA E SANDIÁN 

10.00 horas. Cruceiro da Fernanda (baixando pola farmacia) 

10.30 horas. Parque A Telleira 

11.00 horas. Lagos, Camiño Vello, enriba da ponte do vial 

11.30 horas. Pista polideportiva 

12.00 horas. Colexio da Mata 

12.30 horas. Quesy 

13.00 horas. Capela de Santa Ana 

13.30 horas. Sandián, cruce do Camiño da Torre  

NOVÁS, ROTEA, PARADA, MIRANXE, SAN XIÁN E PORTECELO 

10.00 horas. Praza de Novás, campo de balonmán 

10.30 horas. Parque A Mó 

11.00 horas. A Rotea 

11.30 horas. Parada 

12.00 horas. Miranxe, parada de autobús 

12.30 horas. Floro, aparcamento 

13.00 horas. Praza de Sanxián 

13.30 horas. Portecelo, explanada  

EIRAS E TABAGÓN 

10.00 horas. Escolas Tabagón 

10.30 horas. Praza de San Pedro 

11.00 horas. Volta da Mina 

11.30 horas. Praza do Maio 

12.00 horas. Palco das Eiras 

12.30 horas. Igrexa das Eiras

13.00 horas. Escola das Eiras

Ningún comentario:

Publicar un comentario