2 de dec. de 2020

A GUARDA

A vila guardesa prepárase para  participar na programación do Nadal 2020

•    Este venres día 4 de decembro ás 18:15h realizarase o acendido do alumeado de Nadal

•     A programación conta con diversas actividades, sempre tendo en conta as medidas sanitarias vixentes e os aforos máximos para cada unha delas, nas que nalgunhas é preciso realizar inscrición previa

 

O alcalde de A Guarda -´no centro da imaxe -, coa concelleira de Desenvolvemento Local, e o concelleiro de Turismo, festas e testexos populares, na presentación da Campaña de Nadal, 2020

 

 Infogauda / A Guarda

 Na tardiña deste mércores 2 de decembro a Casa dos Alonso acolleu o acto de presentación da Campaña de Nadal 2020, coa presenza e intervencións de Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Fátima Rodríguez Marcos, concelleira de Desenvolvemento Local; e de Rafael Álvarez Martínez, concelleiro de Turismo, festas e festexos populares.  

 O programa de actividades comeza xa este venres día 4 de decembro ás 18:15h co acendido do alumeado e animación polas rúa da vila con “A Luz do Camiño”. 

 A luz e a cor branca son os protagonistas do pasacalles, onde ó ritmo da percusión, as fadas luminosas e unha gran bicicleta xigante, transportarán aos nenos a un mundo de fantasía. Dende o Concello pídese á cidadanís evitar a aglomeración de persoas durante este pasacalles, mantendo sempre a distancia de seguridade interpersoal.

  


 

 A programación continuará na xornada do sábado día 5 de decembro ás 11:30h, no Salón de Plenos do Concello, coa charla de Fernando Rego  e ao remate da mesma, o concerto do grupo Helen & Shanna, na Praza do Reló. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural, chamando ao teléfono 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es  

 O venres 11 de decembro ás 20:30h, prosegue a programación de Nadal  coa representación teatral de “Running polo Camiño”, que terá lugar no Centro Cultural. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural, indo persoalmente ou chamando ao teléfono 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es 

 O sábado 12 de decembro ás 12:00h chega o momento da música con “Cantos de Nadal”, un evento no que participarán pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente, con cantigas tradicionais e de Nadal. 

 Seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental de A Guarda. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural chamando ao teléfono 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es 

 O venres 18 de decembro a partir das 17:00h as rúas da Guarda encheranse dun divertido repertorio especial de Nadal para todos os públicos, con “O Belén de Pulpiño”, do Pulpiño Viascón.

 O sábado 19 de decembro ás 12:00h nova sesión de “Cantos de Nadal”, un evento musical no que participarán pandereteiras da vila, que actuarán na Praza de Avelino Vicente.

 Tamén o 19 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural será o escenario do espectáculo de maxia “O Cinematólogo”. Emoción, recordos, risas e moita ilusión nos agardan neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural (teléfono 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es 

 O martes 22, mércores 23 e o xoves 24 decembro “Os carteiros do Nadal” estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas (os días 22 e 23 en horario: 17:00 a 20:00h horas e o día 24, de 10:30 a 13:30h). 

 O derradeiro evento deste 2020 terá lugar o sábado 26 de decembro co espectáculo infantil “Zona en obras”, de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. O evento terá lugar no Centro Cultural ás 17:30 horas. Para poder asistir é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural  (teléfono 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es 


 

 Xa no mes de xaneiro, o sábado día 2, ás 17:30h, o Centro Cultural acollerá a obra de teatro infantil “O Crebanoces”, de Larraitz Urruzola. Unha representación para público infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela. 

 Os “Carteiros do Nadal” regresarán o sábado 2, luns 4 e martes 5 xaneiro ás rúas da Guarda (os días 2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00h e o día 5 en horario de 10:30 a 13:30h) 

 O martes 5 xaneiro terá lugar a visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, serán repartidas para que os Reis Magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas nas fachadas das casas. 

Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda 

•    MERCADO DE NADAL 

Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.   

•    ALFOMBRA FLORAL DE NADAL 

No vestíbulo da Casa dos Alonso. Será realizada en colaboración coa Asociación Cultural Alfombras da Guarda. Poderase visitar en horario de 9:00 a 15:00h, de luns a venres.  

•    AS XANELAS DO NADAL

Cconcurso de decoración. Participa ata o 11 de decembro. Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda  

•    VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS  

3 e 4 de Xaneiro. Pide o teu código de acceso web previamente no Centro Cultural antes do 23 de decembro no 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h) ou no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es  

PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL:  

DECEMBRO  VENRES 4 DECEMBRO 

Acendido do Alumeado e animación de rúa “A Luz do Camiño” 

A partir das 18:15 horas, polas rúas da vila.

SÁBADO 5 DECEMBRO 

Charla Fernando Rego + Concerto Helen&Shanna 

Na Praza do Reló ás 11:30 horas (inscrición previa)  

VENRES 11 DECEMBRO 

Teatro “Running polo Camiño” 

No Centro Cultural ás 20:30 horas (inscrición previa)  

SÁBADO 12 DECEMBRO 

Cantos de Nadal 

Na Praza de Avelino Vicente ás 12:00 horas  

XOVES 17 DECEMBRO 

Concerto do Coro Infantil do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda.

Na Praza do Reló ás 17:00 horas (inscrición previa)  

VENRES 18 DECEMBRO 

“O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón 

Polas rúas da vila a partir das 17:00 horas  

SÁBADO 19 DECEMBRO 

Cantos de Nadal  

Na praza de Avelino Vicente as 12:00 horas 

Espectáculo de maxia “O Cinematólogo” 

Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)  

MARTES 22, MÉRCORES 23 e XOVES 24 DECEMBRO 

“Os carteiros do Nadal” 

Días 22 e 23, en horario: 17:00 a 20:00 horas 

Día 24, en horario: 10:30 a 13:30 horas  

SÁBADO 26 DE DECEMBRO 

Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas 

No Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)  

XANEIRO  

SÁBADO 2 DE XANEIRO 

Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. 

No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)  

SÁBADO 2, LUNS 4 e MARTES 5 XANEIRO 

“Os carteiros do Nadal” 

Os días 2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas 

O día 5 en horario: 10:30 a 13:30 horas  

MARTES 5 XANEIRO 

Visita dos Reis Magos. Súas Maxestades visitaran durante o día as diferentes rúas da vila.  

MÁIS ACTIVIDADES  

•    MERCADO DE NADAL 

Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021  

•    ALFOMBRA FLORAL DE NADAL 

Na Casa dos Alonso, colabora A. C.  Alfombras da Guarda  

•    AS XANELAS DO NADAL

     Concurso de decoración. 

Participa ata o 11 de decembro. Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda (inscrición previa)  

•    VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS  

 3 e 4 de xaneiro, pide o teu código de acceso web previamente no Centro Cultural antes do 23 de decembro (inscrición previa)

Ningún comentario:

Publicar un comentario