Continúa na vila a programación de Nadal
• Os “Carteiros do Nadal” regresarán ás rúas guardesas o sábado 2, o luns 4 e o martes 5 xaneiro
• Continúan abertas as inscricións para as videochamadas cos Reis Magos no Centro Cultural ou chamando ao 986 61 18 50 en horario de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 19:00h.
Infogauda / A Guarda
Este martes 29 de decembro ás 17:30h, no Centro Cultural terá lugar o espectáculo musical “O Belén de Pulpiño”, do Pulpiño Viascón, pensado para todos os públicos. Marcos Aboal Vázquez, coñecido artísticamente como Pulpiño Viascón, adapta o seu divertido repertorio ás Festas do Nadal, da man de múltiples instrumentos: divertidas repicochas galegas ou o clásico "Noite de paz" cun serrucho musical, serán o preludio para un final de show apoteósico. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 21:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
E no mes de xaneiro, o sábado día 2 ás 17:30, o Centro Cultural acollerá a obra “O Crebanoces”, de Larraitz Urruzola. Unha representación de teatro para público infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.
Os “Carteiros do Nadal” regresarán ás rúas da Guarda, o sábado día 2 e luns día 4 (en horario de 17:00 a 20:00h) e o martes día 5 xaneiro (en horario: 10:30 a 13:30h ). En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.
O martes 5 xaneiro terá lugar a visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartiron entre os nenos dos diferentes centros educativos da vila, os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, son para para que os Reis Magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que hai que deixalas colocadas nas fachadas das casas.
Máis actividades na Programación do Nadal 2020
• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente, ata o 5 de xaneiro de 2021, coincidindo coa campaña adicada ao Nadal, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00h
• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen. Para participar nestas videochamadas é preciso que se inscriban nesta actividade acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 18 50 en horario de 10:00 a 13:00h e de 16:00 a 19:00h. Unha vez inscritos se lles proporcionará un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos Reis Magos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario