16 de nov. de 2020

SALVATERRA DE MIÑO

A CIG-VIGO CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DIANTE DA RESIDENCIA DE MAIORES DE SALVATERRA DE MIÑO

Este martes día 17 de novembro, ás 11:00 horas, diante da Residencia Geriátrica Salvaterra (Rúa do Miño, nº 2 - Salvaterra de Miño)

Infogauda / Salvaterra de Miño

A Unión Comarcal da CIG de Vigo convoca unha concentración diante da Residencia Geriátrica Salvatierra, en Salvaterra de Miño, recentemente intervida pola Xunta ante o contaxio masivo por coronavirus entre persoal e residentes. 

 A central sindical reclama a apertura dunha investigación para esclarecer o acontecido nun centro que a CIG leva denunciando diante da Inspección de Traballo e da inspección de maiores da Xunta dende 2017 para que se determine a responsabilidade tanto das Administracións que no seu día foron informadas das irregularidades existentes, como da propia dirección da residencia, que mantén unhas condicións de explotación laboral e de atención deficiente dende hai anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario