3 de nov. de 2020

PONTEVEDRA

O PLAN REVITALIZA INICIA O CURSO NOS CENTROS DE ENSINO COAS SÚAS ACTIVIDADES DIDÁCTICAS ADAPTADAS AO ‘MOMENTO COVID-19’  

Persoal do CEIDA xa visitou o CEIP Atín Cela en Mos, e esta semana traballará co alumnado da EEI Curro en Barro e do CEIP Nosa Señora dos Remedios en Ponteareas 

 

  Os obradoiros e charlas xa comenzaron a semana pasada no CEIP Atín Cela de Mos

 

Infogauda / Pontevedra

 O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra vén de iniciar oficialmente o seu curso nos centros de ensino da provincia coas actividades didácticas sobre compostaxe adaptadas ao ‘momento Covid-19’. Os obradoiros e charlas xa comenzaron a semana pasada no CEIP Atín Cela de Mos, e continuarán esta na EEI Curro, en Barro, e no CEIP Nosa Señora dos Remedios en Ponteareas.   

 As actividades dispoñibles poden consultarse na web revitaliza.depo.gal, e consisten fundamentalmente en propostas presenciais “atractivas” para o alumnadoa pesares da pandemia. A grandes liñasmantense o proxecto educativo coas mesmas actividades do curso pasado, pero sendo o máis demostrativas posible e sen movementos e interaccións entre as e os participantes, dividindo os grupos noutros mais pequenos no caso de ser necesario, e ampliando o número de persoal de monitorado, cunha proposta o mais personalizada posible, tanto na duración, número de participantes, espazos a empregar e circunstancias de cada centro, sempre atendendo á normativa e protocolos de Sanidade e Ensino de cada momento.  

 Ata o de agora pasaron polas actividades lúdicas do Revitaliza realizadas a través do  Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) máis de 30.000 alumnos, que coñecerona compostaxe e concienciáronse da necesidade de tratar os residuos de maneira ambientalmente sustentable.  

 A pesares do parón motivado pola suspensión de clases no pasado mes de marzo derivado da pandemia, o interese polo programa está claramente ‘in crescendo’, sendo solicitado incluso polos concellos para os seus obradoiros e campamentos de verán. Nestes momentos están recibíndose tamén bastante solicitudes por parte dos centros do ensino, aínda que con prudencia e nun ritmo menor a outros cursos.     

Petición da rapazada ao Concello de Mos para entrar no Revitaliza 

 O primeiro centro en solicitar as actividades para este curso foi o CEIP Atín Cela de Mos, onde se desenvolveu unha charla a pasada semana para o alumnado dos cursos de 5º e 6º de Primaria. Tanto o centro como as rapazas e rapaces amosaron moito interese pola compostaxe, tendo feito xa o ano pasado xa outros obradoiros de iniciación. Entón, o persoal técnico do CEIDA ensinou os principios básicos da compostaxe e, dado que o colexio ten comedor, comezaron a facer compost xerando bastante volumen. De feito, a día de hoxe, teñen varios composteiros, algúns deles de compostaxe estándar e outros de vermicompostaxe con miñocas vermellas.  

 Nas actividades iniciadas este ano, o alumnado perfeccionou os datos de como se debe facer a selección de lixo, a xestión dos residuos, a compostaxe e coñeceu máis datos do Revitaliza. A xornada, ademais, tivo unha parte práctica na que se comprobou como se aproveita o compost unha vez se retira da parte baixa do composteiro e é peneirado. “Tedes un compost de calidade fantástica”, animounos o técnico do Revitaliza. 

A actividade foi moi distendida e a rapazada lembroua súa grande implicación, xaque o ano pasado pedira formalmente ao Concello de Mos (que non forma parte dos Concellos Revitaliza) que se adheriraao plan provincial coobxectivo de que toda a veciñanzapoidacompostar o lixo dos seus domicilios.  

 Xa esta semana, o persoal do Revitaliza irá aos concellos de Barro, á EEI Curro, onde traballará co alumnado de Infantil coa actividade ‘Os bichocos e a composteca’, e a Ponteareas, onde estará no CEIP Nosa Señora dos Remedios, coa rapazada de 5º e 6º de Primaria, para poñer en marcha un composteiro e aprender teoría da compostaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario