Os Socialistas de Oia colaboran na redución do impacto socioeconómico da pandemia da Covid-19 sobre os veciños do municipio
Membros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia. nunha imaxe de arquivo
Grupo Municipal do PSdeG-PSOE /Oia
Coa situación que está a acontecer nestes momentos en Oia e no mundo enteiro, e hora de priorizar a protección da saúde de todos e todas as persoas deste municipio. O desafío é enorme polo que cremos firmemente que so se pode asumir se estamos xuntos loitando cóbado con cóbado, nunca mellor dito.
Os veciños, con razón, esixen aos partidos políticos que non invistamos enerxía en enfrontamentos, que a inxectemos xuntos na defensa da saúde, da economía e do benestar social de todos os habitantes de Santa María de Oia para facer fronte ao reto que nos presenta esta pandemia por covid-19.
A lealdade institucional e o que debe prevalecer nestes intres, non ao goberno que ocupa o concello se non, aos veciños e veciñas deste municipio. Non é un requisito renunciar as criticas pero si é tempo de aprazalas durante estes días, así como o lexítimo exercicio da discusión política.
A historia medirá a cota de responsabilidade que exerceremos cada un de nós en función da dispoñibilidade apoio e coherencia coas que traballemos.
O PSdeG-PSOE asume a súa parte de responsabilidade neste mesmo instante póndose a disposición do goberno do Concello de Oia esperando que este corresponda coa mesma responsabilidade sempre a prol dos oienses.
Ningún comentario:
Publicar un comentario