9 de nov. de 2020

DEPORTES

PIRAGÜISMO

LUÍS FERNÁNDEZ, DO CLUB DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS, NOVENO NA COPA DO MUNDO DE SLÁLOM DE PAU  

                                                     Luís Fernández

 

Informa: Rosa Fernández Carrera 

 Do 6 ao 8 de novembro, a canle de augas vivas de Pau, en Francia, acolleu a Copa do Mundo de Slálom. A competición, organizada pola ICF (International Canoe  Federation), celebrouse a porta pechada, sen público, por mor da COVID-19. Esta é a última das competicións internacionais de slálom, neste ano tan atípico.   

 O teixugo Luís Fernández foi convocado pola Federación Española para formar parte do equipo de C1. A súa participación comezou o venres coas clasificatorias, un percorrido rápido e ben trazado metérono de forma clara en semifinais. As semifinais tiveron lugar o domingo, onde o piragüista de Caldelas fixo unha moi boa baixada, rematando décimo, e entrando en finais. Xa nas finais, Luís foi rápido aínda que  con dúas penalizacións, quedando  fóra do podio, pero nun impresionante noveno posto.  

 Outro galego, David Pérez, do Piragüismo Penedo, tamén formou parte do equipo español, rematando décimo sétimo.  

 Os deportistas do Club Deportivo Miño-Teixugos continuarán preparando a tempada 2021, na que esperan acadar máis éxitos, pero sobre todo desfrutar deste espectacular deporte.  

VÍDEO

https://youtu.be/6wv4d0LmNxg

Ningún comentario:

Publicar un comentario