25 de nov. de 2020

A GUARDA

O Equipo de Goberno do Concello de A Guarda vai levar a pleno a proposta da alcaldía de aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) 

Será tratado na sesión ordinaria do venres dçia 27 de novembro

 

                                                         Casa do Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O pasado 20 de outubro a empresa encargada de elaborar o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles (PACES) fixo a presentación do mesmo, no que participaron os grupos políticos municipais, persoal municipal, así coma os propios cidadáns guardeses a través de diversas enquisas.  

 O equipo de goberno fixo partícipes aos demais grupos políticos da Corporación Municipal da redacción do plan para que fixesen as súas aportación e mostrasen os seus puntos de vista. Non pode ser doutra maneira dado que o documento é para desenvolver políticas municipais ata 2030, ano límite para ter logrado unha redución dun 40% de aforro nas emisións de CO2.  

 O equipo de goberno escoitou as liñas que propoñía a empresa como liñas de traballo e trasladoulle a esta as que son liñas estratéxicas, ben porque na actualidade estea xa traballando nelas ou por que as considera fundamentais nas políticas municipais dunha administración que aspira a ser unha referencia na modernización.  

 Destas liñas estratéxicas para o equipo de goberno algunhas son: O aforro en consumo de enerxía eléctrica, xa estamos traballando neste ámbito dende fai tempo, na actualidade estamos coa licitación do cambio da iluminación pública por luminarias led e temos tamén proxectos enriba da mesa que se basean no aproveitamento da enerxía solar. 

 Desde o Equipo de Goberno Municipal do Concello de A Guarda referiron: "Temos tamén como meta cara ao 2030 actuar sobre a flota de vehículos municipais co obxectivo de ter todos os vehículos eléctricos.  

 Temos obxectivos ambiciosos na redución de residuos orgánicos e mellora na separación e reciclaxe de lixo e tamén consideramos como liña estratéxica a xestión da auga. Temos que acadar unha optimización dos recursos hídricos que consigan afrontar períodos de seca con subministro propio, de forma independente ao subministro de Tui". 

 Por último, o equipo de goberno considera como liña estratéxica mellorar a eficiencia enerxética das edificacións, neste caso hai unha pequena parte que corresponde a entidade local, coas dependencias municipais pero, hai outra parte que, corresponde ás vivendas privadas onde conseguir os obxectivos vai a depender de toda a cidadanía, pero que tamén neste ámbito, hai que traballar con campañas de concienciación e incluso coa adaptación de tributacións, se elo fora posible. 

 O vindeiro venres día 25 de novembro de 2020 vai ao pleno ordinario da Corporación Municipal do Concello de A Guarda a proposta de alcaldía da aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostibles (PACES).

Ningún comentario:

Publicar un comentario