OS SOCIALISTAS CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS
Infogauda / A Guarda
“No ano 2019 máis de 17.000 mulleres galegas pediron axuda nos Centros da Información da Muller, polo que aínda queda moito por facer e queremos ratificar o compromiso do noso grupo e do Concello nesta loita.” Con esas verbas resume Mª Montserrat Magallanes Álvarez, secretaria xeral da Agrupación do PSdeG-PSOE de A Guarda cal é a realidade da problemática que afecta ás mulleres.
“Como cada 25 de novembro, o PSdeG-PSOE súmase á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia contra as mulleres. Neste 2020 cúmprense 20 anos da designación desta data pola Organización das Nacións Unidas, e como cada un deles queremos mostrar o noso apoio a tódalas vítimas: ás mulleres asasinadas, aos seus fillos e fillas orfos; ás súas familias e amizades. Compartimos a súa dor, a súa desolación e seguiremos loitando contra violencia machista”, declarou Mª Montserrat Magallanes na presentación dunha moción contra a violencia de xénero que se debatirá en Pleno este venres.
“Este martes tamén vén de presentarse por parte da FEGAMP o estudo Acción dos concellos galegos pola igualdade que amosa que no ano 2019 máis de 17.000 mulleres pediron axuda nos Centros da Información da Muller en toda Galicia, polo que aínda queda moito por facer e queremos ratificar o compromiso do noso grupo e do Concello nesta loita”, finalizou Mª Montserrat Magallanes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario