@S SOCIALISTAS DA GUARDA PRESENTAN UNHA MOCIÓN SOLICITANDO A MELLORA DA ATENCIÓN PRIMARIA PRESENCIAL NA VILA
Mª Monsterrat Magallanes Álvarez, secretaria xeral da agrupación guardesa do PSdeG-PSOE: “Os servizos de atención primaria están colapsados e por iso precisamos unha resposta enérxica da Consellería de Sanidade”
Mª Monsterrat Magallanes Álvarez, secretaria xeral da agrupación guardesa do PSdeG-PSOE
Infogauda / A Guarda
O Grupo Municipal Socialista vén de presentar unha moción para seu debate e aprobación, se procede no próximo pleno ordinario deste mes de Novembro “instando a Xunta de Galicia a mellora da atención primaria presencial e ofertar a mellor calidad asistencial posible a nosa vila, reforzando a plantilla de profesionais moi mermada nos últimos anos”.
En decraracións a este xornal dixital transfronteirizo, Mª Monsterrat Magallanes Álvarez, secretaria xeral da agrupación guardesa do PSdeG-PSOE, afirmou: “O PSdeG busca o compromiso da Xunta para paliar os problemas que están sufrindo moitas persoas usuarias do centro, tanto polos tempos de espera para a atención como pola dificultade da comunicación telefónica en moitas doenzas”.
Asemade, a responsable local do PSdeG-PSOE denunciou a situación que atinxe á cidadanía usuaria do centro de saúde de A Guarda: “Tras máis de seis meses de pandemia estamos observando como a pesar das promesas de Núñez Feijóo, a nosa vila segue esquecida no que a sanidade respecta. Xa viñamos denunciando a situación do centro de saúde antes da pandemia e vemos como á falta de efectivos para o día a día, súmase agora esta carencia de atención presencial. Isto leva a que o noso centro de saúde esté saturado, con tempos de espera para citas, ainda que sexan telefónicas, de máis de 20 días. Os servizos de atención primaria están colapsados e por iso precisamos unha resposta enérxica da Consellería de Sanidade”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario