26 de nov. de 2020

A GUARDA

O Concello promove o concurso de decoración “As Xanelas do Nadal” 

 


Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Cultura do Concello de A Guarda organiza o concurso de decoración “As Xanelas do Nadal”, unha iniciativa en colaboración cos veciños/as da vila. 

 O tema obxecto da actividade é o “Decorado das Xanelas do Nadal”, onde cada veciño/a poderá decorar libremente unha xanela, porta ou balcón da súa vivenda visible dende o exterior. 

 Unha vez decoradas, para participar no concurso, deberá enviarse un correo electrónico a culturaguarda@gmail.com indicando nome, apelidos, enderezo e un número de teléfono de contacto. 

 Estas fotografías serán publicadas no Facebook de @culturaguarda o luns día 14 de Decembro. 

 Pasada unha semana (o lúns 21 ás 14:00 horas) as tres fotografías con máis likes serán as gañadoras dunha cesta de Nadal. 

 Os traballos resultantes, serán utilizados polo Concello de A Guarda para a súa difusión dende a páxina web e as redes sociais. 

OBXECTIVOS 

- Apreciar e valorar o espírito do Nadal. 

- Conseguir que o cidadán síntase motivado por vivir o Nadal. 

- Concienciar da importancia do embelecemento da vila. 

- Fomentar o traballo en familia. 

- Unir ós veciños/as para traballar sobre un mesmo obxectivo. 

Ver Bases do concurso aquí

Ningún comentario:

Publicar un comentario