27 de nov. de 2020

A GUARDA

O Concello de A Guarda advirte da presenza da procesionaria do piñeiro

Visualizáronse varios individuos na zona da Fortaleza de Santa Cruz e no piñeiral da praia do Forte (Camposancos)

                                   Exemplares de procesionaria do piñeiro


Infogauda / A Guarda 

 A procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea pityocampa) é unha especie cuxa eiruga pode provocar irritación en ouvidos, nariz e gorxa, así como intensas reaccións alérxicas nos seres humanos

 Trátase dunha especie que dependendo da época do ano vive nas ramas das árbores ou no solo. Aínda que adoitan aparecer no comezo da primavera, cando as temperaturas xa non son tan baixas, esta semana visualizáronse varios individuos na zona da Fortaleza de Santa Cruz e no piñeiral da praia do Forte (Camposancos). 

 Hai que extremar as precaucións fronte a esta especie, tanto coa crianzas como cos cans, xa que pode provocar reaccións alérxicas moi fortes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario