A Xunta e o Goberno portugués desenvolverán un protocolo para a programación do Xacobeo e a certificación dos camiños
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto á comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, reuníronse hoxe cos membros da Comisión de Certificación do Camiño de Santiago do Executivo de Lisboa
Infogauda / Santiago de Compostela
Un protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Goberno portugués permitirá afondar na colaboración entre estas dúas institucións no ámbito da programación do Xacobeo 2021 e a certificación dos camiños de Santiago no país veciño.
Así se acordou na reunión telemática na que, por parte galega participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e os membros da Comisión de Certificación dos Camiños de Santiago pola parte portuguesa.
Nesta xuntanza, na que Nava Castro estivo acompañada pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, e polo director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Isaías Calvo, e na que participaron todos os membros da Comisión de Certificación dos Camiños de Santiago en Portugal, tamén se presentaron distintos temas relacionados coa situación da Ruta Xacobea en Portugal e a súa articulación co Camiño en Galicia cara á celebración do Xacobeo 2021.
Acordos con entidades rexionais
Na reunión celebrada hoxe tamén se tratou a situación do proceso de certificación dos Camiños de Santiago en Portugal na actualidade, así como a posibilidade de acadar acordos coas distintas entidades rexionais portuguesas dos territorios polos que pasa o Camiño de Santiago.
A Comisión de Certificación do Camiño de Santiago en Portugal está formada por catro membros do Goberno central portugués con competencias técnicas nas áreas de Cultura e Turismo e designados por un período de tres anos.
Así, este departamento dependente da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ten, entre outras funcions, a de desenvolver o procedemento administrativo para certificación de itinerarios.
Ademais, emite
informes sobre as solicitudes relativas a investimentos a realizar nos
distintos tramos do Camiño de Santiago, coordina os itinerarios
certificados, e promove a cooperación entre as entidades públicas e
privadas sobre a Ruta Xacobea en Portugal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario