UNHA REPRESENTACIÓN DA CIDADANÍA MIÑOTA SAÚDOU A FELIPE VI
Na súa visita á Comandancia Naval do Miño
O rei Felipe VI, acompañado do presidente da Xunta de Galicia en funcións, e outras autoridades, na súa visita á Comandancia Naval do Miño
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Tui
O rei Felipe VI retomou a súa axenda institucional este mércores entre estritas medidas de seguridade na cidade fronteiriza de Tui, onde efectuou unha visita á Comandancia Naval do Miño a cuxas depedencias chegou arredor das 11:00 horas, vestido co uniforme de verán de capitan xeral da Armada, sendo cumplimentado por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia en funcións, ao que o monarca saudou de xeito militar. E a continuación fíxo o mesmo co presidente da Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices; e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, entre outras autoridades.
Asistiron a ese acto varios alcaldes da comarca ainda que as alcaldesas de Tomiño e O Rosal, e o alcalde de As Neves, como xa adiantamos onte neste xornal dixital transfronteirizo, non asistiron.
Nunha mañá clara e totalmente de verán, Felipe VI efectuou unha viaxe polo río Miño a bordo da patrulleira P 201 "Cabo Fradera" - a vice decana das unidades da Armada, xa que a decana é o buque escola "Juan Sebastián Elcano" -, duns 40 minutos de duración, Dese xeito coñeceu o labor (fiscalización e sancións relacionadas coa pesca fluvial e a caza, control da náutica, coordinación de medios humanos e materiais na procura de afogados, apoio en operacións de carga de hidroavións, etc.) que desenvolven os seus efectivos.
E o seu retorno, Felipe VI foi aclamado cos berros de “Viva España” e “Viva o Rey”, por unhas ducias de persoas, entre elas, varios usuarios, traballadores/as e relixiosas da Residencia San Telmo, que se congregaron nas inmediacións da Comandancia Naval, cuxo persoal, composto por 26 militares e dous civís, rendeulle honras.
Entre mentras iso acontecía na ribeira galega do Miño, enfronte, na parte portuguesa, un grupo de persoas amosaron seu rexeitamento á visita do monarca español coa mensaxe "Galiza non ten rei".
Ningún comentario:
Publicar un comentario