9 de set. de 2020

TOMIÑO

AS CONCELLEIRAS DO PSdeG-PSOE DE TOMIÑO DESEXAN UNHAS FELICES FESTAS DO ALIVIO

 Violeta de Santiago, concelleira portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

 Agrupación Socialista de Tomiño

 As Concelleiras socialistas, Violeta de Santiago e Mirta Misa, e toda  a Agrupación Socialista de Tomiño desexan a todos e todas as tomiñesas unhas felices festas da Nosa Señora do Alivio, patroa do Concello, na compaña da familia si é posible e sempre coa lembranza dos que están lonxe da terra nestas datas. 

 Este ano van ser unhas celebracións atípicas polas circunstancias sanitarias e de prevención  nesta pandemia e por iso é que as Concelleiras queren facer un recoñecemento expreso a toda a veciñanza de Tomiño polo saber estar e o  civismo demostrado no confinamento, nomeadamente a rapazada e a terceira idade, que foron un gran exemplo para todas. 


 Unha vez máis, damos as grazas a tódolos colectivos que traballaron arreo para garantizar o noso benestar, ás veces mesmo con ínfimos medios, e aplaudimos o recoñecemento Municipal para todos e todas elas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario