Comezaron as obras de mellora da seguridade vial na Proba-Pintán
Infogauda / Pintán
A pasada semana comezaron os traballos de mellora da seguridade vial en Pintán, entre a intersección co vial VG-4.2, na rotonda da Bisorca, e a intersección coa estrada PO-353, na Proba.
Cun orzamento total de 48.292,15€, estas obras realízanse con cargo ao Plan de Obras e Servizos do Plan Concellos 2020, da Deputación de Pontevedra.
"Con esa actuación mellorarase esa arteria vial cunha nova capa de rodadura, nova sinalización horizontal e mellora das canalizacións de augas pluviais e marxes da vía", indican desde o Equipo de Goberno Municipal.
Dese xeito o Concello de A Guarda continúa mellorando diferentes viais municipais para favorecer a seguridade de peóns e vehículos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario